Twitter está a probar unha función de publicación de textos longos
xoves, 23 de xuño do 2022
Dende
Twitter están a probar unha nova ferramenta para narrar dentro da súa
plataformasocial, os Textos,
unha ferramenta de redacción que permite aos escritores crear historias e
outros contidos de formato longo cos que poderán interactuar os seus seareiros.
Os Textos están
actualmente en probas entre un grupo reducido de usuarios, e son o equivalente
a unha entrada dun blog, que compártese en Twitter a través de tarxetas de
vista previa, que ao premer sobre as mesmas poden lerse directamente dentro da
plataforma, polo que podemos considerar que estamos ante unha funcionalidade
cun dobre obxectivo: reter aos usuarios en Twitter e captar contidos que
normalmente publicaríanse en plataformas alleas.
Os textos teñen un límite de 100 caracteres no título e 2.500 palabras no corpo,
podendo incluírse nas publicacións texto enriquecido, imaxes e chíos.