Un concello manchego estrea rede Wi-Fi municipal

xoves, 23 de xullo do 2009

Alovera (Guadalajara) inaugurou hoxe a súa rede Wi-Fi municipal, de xeito que os seus 11.000 habitantes poderán gozar dunha infraestrutura de acceso á Rede por toda a súa vila grazas a 42 puntos de acceso que poderían permitir a conexión simultánea de 2.000 usuarios e que actualmente está aberta, aínda que a medio prazo podería contar con contrasinal para que só poidan empregarse esta rede instalada por Nostracom Telecomunicaciones os habitantes da localidade.

PUBLICIDADE