Un gadget para Google Desktop opera coma servidor multimedia
luns, 30 de xuño do 2008
Actualmente existe un amplo
abano de dispositivos de reprodución multimedia compatibles con UPnP (incluÃndo
consolas de videoxogos como a PS3) de xeito que poden acceder a contidos
multimedia compartidos dende un servidor, que pode ser un equipo dedicado ou un
ordenador cunha aplicación que lle permite tal fin, pero esta última opción
promete simplificarse grazas á Google
Media Server, un gadget
para Google Desktop que nos permite elixir os contidos que queremos compartir
(e con que equipo, de xeito que podemos discriminar os clientes que poden
acceder aos nosos ficheiros).
Aparte dos datos gardados no noso ordenador, este gadget tamén permite abrir unha porta ás nosas fotografÃas
almacenadas en Picasa ou aos nosos vÃdeos en YouTube, que podemos trasladalos
asà do
PC ao televisor.
Esta solución fai doado o acceso a fotografÃas, música e vÃdeos gardados no
noso equipo dende un iPod Touch, un reprodutor multimedia de Archos ou unha
PlayStation 3 (por desgraza non
funciona con Xbox 360), de xeito que melloramos substancialmente a
dispoñiblidade dos nosos contidos dun xeito bastante doado.