Un mando de edición limitada celebrará os 20 anos de God of War
xoves, 25 de setembro do 2025
Sony Interactive Entertainment anunciou o lanzamento dunha edición especial do mando sen fÃos DualSense co gallo do 20º aniversario de God of War, un dos tÃtulos máis emblemáticos da historia de PlayStation. O accesorio poderá reservarse a partir do 3 de outubro e chegará ás tendas o dÃa 23 do mesmo mes, en cantidades limitadas.
O deseño do mando está inspirado directamente en Kratos, protagonista da saga. A superficie gris lembra a súa pel cuberta de cinzas, mentres que a icónica banda vermella reproduce o tatuaxe escarlata que o acompaña desde os seus primeiros combates na Grecia clásica ata as últimas aventuras nos Nove Reinos. A intención foi que a forma do mando servise como lenzo para incorporar a silueta da letra omega, un dos sÃmbolos máis recoñecibles do personaxe, mentres que a combinación de tons grises e vermellos é un dos sinais de identidade máis emblemáticos de Kratos.
A saga debutou no ano 2005 na PlayStation 2, converténdose na creación máis emblemática de Santa Monica Studio. Nestas dúas décadas pasou por 4 xeracións de consolas (con dúas series de xogos con 3 e 2 entregas respectivamente), 2 sistemas portátiles (con dous xogos desenvolvidos por Ready at Dawn e un terceiro por Santa Monica Studios) e incluso un xogo para móbiles (única entrega para unha plataforma allea a PlayStation, e que dadas as limitacións dos xogos en Java ME, foi ignorado pola meirande parte de xogadores).
O mando sen fÃos DualSense edición limitada do 20º aniversario de God of War terá un prezo recomendado de 84,99 euros en Europa e proximamente estará dispoñible para reserva a través da tenda en liña de PlayStation e de distribuidores seleccionados a nivel global.
