Un xogo independente para iPhone ingresa 1 millón de dólares en 6 semanas

luns, 27 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Fleet Air Superiority Training (F.A.S.T.) é o título dun xogo para o iPhone e iPod Touch que actualmente está á venda por 1,59 euros (aínda que partiu dun prezo máis elevado) e que pese a non destacar pola súa orixinalidade (é moi semellante ao clásico After Burner) está a ter unhas fortes vendas chamando a atención que conseguirse ingresar 1 millón de dólares en 6 semanas, polo que a xente de Social Gaming Network (SGN) debe de estar satisfeita polo seu bo funcionamento comercial.
A cousa non remata aí, senón que a xente de SGN ten pensado lanzar actualizacións de pago para este título (para ampliar o número de cazas e armas dispoñibles) e incluso estudan comercializar a plataforma que crearon para desenvolver F.A.S.T. para que outros programadores poidan facer xogos para o iPhone.
Con este tipo de xogos enténdese que os desenvolvementos independentes poden facerse cun sitio de honra no panorama dos xogos descargables, nos que a distribución non é un problema para os pequenos estudos, que poden competir de igual a igual con grandes compañías.


Anuncio do popular xogo para iPhone de SGN

PUBLICIDADE