Unha app facilita as revisións das ortodoncias dende casa
martes, 14 de marzo do 2023
Mellorar a saúde
e estética do sorriso sen ter que acudir á clÃnica de ortodoncia para todas as
revisións é o que permite facer o innovador sistema que a ClÃnica MAEX
Pérez Varela de Santiago vén de pór en marcha. A través dunha experiencia
piloto, os pacientes poderán enviar vÃdeos e comunicarse coa clÃnica de forma
segura desde a comodidade da súa casa ou desde calquera parte do mundo.
O sistema, desenvolvido
por DentalMonitoring, baséase en intelixencia artificial e tecnoloxÃa
dixital, e grazas ao dispositivo ScanBox Prol e un smartphone, permite que o
paciente poida tomar fotos e vÃdeos intraorais desde calquera lugar e envialas
ao ortodoncista a través da aplicación DentalMonitoring para pacientes. Estas
imaxes son procesadas e analizadas polo sistema e a partir delas desenvólvense
dous informes exhaustivos: un para o paciente, con recomendacións ou
instrucións sobre o seu tratamento, coidado bucodental ou se é necesario acudir
a consulta; e outro para o ortodoncista, con parámetros que detallan a
evolución do tratamento do paciente sen necesidade de desprazamentos
innecesarios ata a clÃnica.
Esta innovadora
tecnoloxÃa permite realizar un seguimento virtual dos tratamentos de ortodoncia
e detectar ata 130 observacións clÃnicas ou incidencias. AsÃ, o equipo da clÃnica
pode levar un control exhaustivo semanal ou quincenal da evolución dos
tratamentos na boca dos pacientes, en función das necesidades de cada caso
concreto. O sistema detecta automaticamente calquera incidencia, por exemplo o
movemento dos dentes, a deformación do arco, un bracket danado ou caÃdo,
desaxustes ou dano no aliñador, problemas xinxivais, e envÃa un reporte de
maneira automática á ClÃnica Pérez Varela de MAEX para que se aseguren de que o
tratamento ortodóncico evoluciona de maneira óptima.
Entre as vantaxes
que presenta ScanBox Pro para os pacientes atópase a comodidade de realizar un
seguimento do tratamento de ortodoncia desde casa (coa supervisión dun doutor as
24 horas), a visibilidade da evolución do tratamento, a complementación das citas
presenciais con supervisión virtual e a prevención de posibles incidencias.
Este sistema permite optimizar as visitas á clÃnica e, grazas á posibilidade de
realizar un escaneo /revisión tantas veces como se necesite de forma dixital, é
posible facer correccións ou intervencións que doutra forma non se
diagnosticarÃan ata a seguinte visita en gabinete. Asà mesmo, o sistema ofrece
numerosas facilidades aos odontólogos, como anticiparse á cita co paciente ou
xestionar de maneira máis eficiente as urxencias, aumentando a proactividade e
preditibilidade nos tratamentos.
«Hoxe en dÃa
moitos dos nosos pacientes son adultos, e este sistema facilÃtalles poder
someterse a un tratamento ortodóncico para mellorar a estética e a saúde do seu
sorriso sen ter que vir tantas veces a revisión de maneira presencial. Este é
un gran avance moi en consonancia coas necesidades da vida actual» recoñece o
Doutor Pérez Varela.
O piloto do dispositivo que se puxo en marcha na
clÃnica MAEX do Dr. Pérez Varela iniciouse o pasado 1 de febreiro sobre unha
mostra de 500 pacientes e estará activo o próximos seis meses. «A
implementación da intelixencia artificial a través da adquisición de ScanBox
Pro demostra a aposta de MAEX pola calidade, a excelencia e a innovación, e
supón unha gran oportunidade para que os nosos pacientes e odontólogos dispoñan
de tratamentos punteiros e automatizados», explica a Dra. Esther Charro,
directora médica de MAEX.
VÃdeo de demostración desta tecnoloxÃa