Unha máquina recreativa permite pagar as partidas con Bitcoin
luns, 3 de febreiro do 2014
- A recreativa facilita o pago de partidas en Bitcoin a través do móbil
A
compañÃa británica Liberty Games vén de desenvolver nos seus laboratorios un
produto bastante curioso: unha máquina
recreativa que permite pagar as súas partidas con Bitcoin, para o que integraron
no mecanismo de moedas da máquina un Raspberry Pi que comunÃcase cos servidores
de Liberty Games e un software para poder controlar a conexión entre a rede de
Bitcoin e o dispositivo fÃsico.
O sistema non só permite emular a introdución dunha moeda na máquina para xerar
un crédito para xogar, senón que tamén permite inclúe mecanismos para axilizar
a introdución de varios créditos posteriormente (algo moi importante se
queremos continuar unha partida) o que supón unha importante mellora sobre o
anterior desenvolvemento deste laboratorio (a mesa de billar que acepta
Bitcoin).
Para realizar os pagamentos a máquina recreativa (que no prototipo de Liberty Games
está cargada con xogos clásicos como Donkey
Kong, Pac-Man e moitos outros)
inclúe un código QR que pode escanearse dende o móbil para iniciar envÃo de Bitcoin
para aboar o importe dunha partida.
VÃdeo no que amosan o funcionamento da recreativa modificada nos laboratorios de Liberty Games