Unha parella divórciase por mor dunha adicción ó World of Warcraft

mércores, 20 de febreiro do 2008

Unha muller californiana de 28 anos divorcoiuse tras 6 anos de matrimonio por mor de que a súa parella desenvolvera unha adicción ó xogo masivo multi-xogador en liña World of Warcraft.
Jocelyn declarou que o seu marido Peter xogaba durante a semana de 18:30 a 3:00, e durante as fins de semana xa comezaba a xogar polas mañás. A escarmentada muller tamén asegura que non volverá a casar cun afeccionado ós videoxogos.

PUBLICIDADE