Unha xornada da AETG pon o foco nos tendidos aéreos de telecomunicacións no rural
mércores, 15 de marzo do 2023
O
vindeiro venres 17 de marzo ás 12 horas a Asociación de Enxeñeiros
de Telecomunicación de Galician organiza a
xornada virtual Despregue de tendidos aéreos de telecomunicacións
en núcleos rurais. Todo o que necesitas saber! Trátase
dunha sesión divulgativa e capacitadora dirixida en boa medida a
responsables de urbanismo, telecomunicacións e infraestruturas dos
concellos galegos.
Terá
formato en liña e, en palabras da AETG, desenvolverase baixo un
enfoque áxil e resolutivo, botando luz sobre aspectos relativos á
viabilidade do despregue de tendidos aéreos de telecomunicacións en
núcleos rurais, cunha quenda de preguntas para formular dúbidas por
parte dos asistentes. A xornada será impartida por Javier Fernández
Fraga, enxeñeiro de Telecomunicación, experto na materia.
O
evento está organizado pola AETG en colaboración coa Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia e será retransmitido vÃa
streaming a través do Centro Gaiás Tech da Cidade da Cultura
de Galicia.
