Varios lanzamentos de Xbox 360 e PS3 poderán actualizarse a Xbox One e PS4 por 10 euros
martes, 17 de setembro do 2013
Anticipándose ao feito de que moitos dos potenciais
compradores do xogo Call of Duty: Ghosts
poden querer mercar durante o Nadal unha das novas consolas de nova xeración
Activision confirma que o xogo que sairá á venda para Xbox 360 e PlayStation a
primeiros de novembro contará
cunha interesante opción de actualización, de xeito por 10 euros que o
merque para PS3 poderá facerse coa versión para PS4 e quen faga o propio para
Xbox 360 poderá conseguir a versión de Xbox One.
Esta promoción estará vixente ata rematar marzo de 2014 e aplicarase tanto a
edicións dixitais como a fÃsicas (aÃnda que en este caso só en certos
establecementos) á vez que detalla que o pase de tempada que subscriban os
usuarios servirá tanto para a xeración actual de consolas como para a seguinte.
Pero Call of Duty: Ghosts non será o
único tÃtulo en ofrecer tal posibilidade, senón que moitos outros
que permitirán a actualización por 10 euros serán Battlefield 4, FIFA 14, Assassin’s Creed IV, Watch Dogs, Madden NFL, Need For Speed:
Rivals e NBA2K14 (polo que
sabemos, estes 2 últimos só ofrecerán tal posibilidade para as consolas de
Microsoft).
Parece quedar claro que os editores de videoxogos non queren que o lanzamento
dunha nova xeración de consolas non prexudique aos lanzamentos da campaña de
Nadal, evitando que os compradores adÃen as súas compras por non saber se
queren gozar dos xogos na actual ou na seguinte xeración.