Viber incorpora mensaxes de texto

venres, 1 de abril do 2011 Marcus Fernández

A finais de 2010 chegou a iOS unha aplicación chamada Viber que facilita a realización de chamadas de voz a través de IP dende o iPhone tanto mediante conexións 3G como Wi-Fi, que permite así un importante aforro en chamadas telefónicas, e que agora na App Store está dispoñible a súa versión 2.0.1, que incorpora como principal novidade a posibilidade de empregar esta plataforma de comunicación para intercambiar mensaxes de texto, polo que tamén libra a moitos usuarios do envío de mensaxes SMS.
Con este paso Viber entraría a competir con solucións como WhatsApp, especialmente polo feito de que teñen pensado dar o salto a Android para ampliar a súa base de usuarios, que parece ser xa bastante grande, pois Viber Media asegura que a súa aplicación tivo máis de 10 millóns de descargas.
Viber intégrase na axenda do móbil, e amosa unha icona xunto aos contactos que empregan Viber, e incluso permitindo detallar se os usuarios están activos nun momento en concreto, o que resulta moi interesante de cara a comunicacións urxentes.

PUBLICIDADE