Vodafone oferta a baliza V16 de ZTE
venres, 19 de decembro do 2025
Durante os últimos meses, os produtos tecnolóxicos máis comentados en España foron, sen lugar a dúbidas, as balizas V16, polas discusións sobre a súa utilidade e a súa obrigatoriedade de uso a partir do 1 de xaneiro, e un dos modelos que chegaron máis recentemente ao mercado, foi a ZTE E1, que en outubro se puxo á venda por 39,90 euros, e que agora está a ofertar Vodafone.
Vodafone España está a comercializar a baliza V16 E1 de ZTE por 29,99 euros nas súas tendas oficiais, e para quen asocie a compra a unha tarifa de datos con permanencia de 12 meses poderá facerse coa baliza por 24 euros ao contado ou por 1 euros/mes durante 24 meses.
A baliza V16 de ZTE é resistente á chuvia (IP54) e inclúe servizo de datos móbiles achegado por Vodafone ata xaneiro de 2040.
Este lanzamento por parte de Vodafone pode sorprender xa que o operador estaba moi ligado coas balizas Help Flash desenvolvidas pola galega Netun, pero cómpre lembrar que o seu último modelo, o Help Flash IoT+, funciona con tecnoloxÃa de Telefónica.
