Vodafone poderÃa incorporar ao seu catálogo un novo móbil con Android
venres, 13 de febreiro do 2009

- Posible aparencia que terÃa o HTC G2 filtrada en Gizmodo
Movistar anunciou
onte que traerÃa en exclusiva a España o móbil con Android HTC Dream, pero
agora chegan rumores de que Vodafone poderÃa tomarlle a dianteira
comercializando non o terminal G1, senón o novo G2, que serÃa un móbil moi
similar en prestacións ao HTC Dream pero sen
o seu teclado fÃsico para facelo máis lixeiro, e que comezarÃa
a venderse a partir do mes de marzo.
Esta guerra
para achegar ao mercado os móbiles co sistema operativo Android
poderÃa ser moi positiva para os usuarios, pois haberá unha maior oferta de
terminais, aÃnda que a plataforma promovida por Google aÃnda tardará en
popularizarse, pois polo momento conta con moi poucas aplicacións (aÃnda que de
serie xa permite o acceso a servizos coma YouTube, Google Maps ou Gmail), non
podendo compararse con Windows Mobile, RIM (BlackBerry), Symbian ou o Mac OS X
do iPhone, aÃnda que o potencial de Android e o aval que supón que Google estea
parecen garantÃas dun prometedor futuro.
