Vodafone subirá o 4,38% as súas tarifas

martes, 14 de novembro do 2023 Marcus Fernández

Mensaxe que están a recibir os clientes de Vodafone

A primeiros de ano Vodafone iniciou unha nova política de prezos, xa que incluíu nos seus contratos unha revisión das súas tarifas en función do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) e estes días volve advertir aos seus clientes de que a partir do 1 de xaneiro aplicará un incremento da cota mensual nas tarifas e cotas dos servizos contratados do 4,38%.
Cómpre lembrar que esta suba de prezos non supón unha modificación unilateral das condicións contractuais, xa que está recollida no contrato subscrito, polo que non dá dereito a rescindir un contrato sen penalización, como si acontece cando un operador muda as condicións de contratación (de xeito que un cambio de tarifas normalmente cancela os compromisos de permanencia).