Volve a operar a PlayStation Store
xoves, 2 de xuño do 2011
- O clásico Space Ace é un dos xogos que xa está dispoñible na PlayStation Store
Esta mañá restaurouse
finalmente a PlayStation Store tras uns 42 dÃas fóra de servizo, de xeito
que agora os usuarios de PlayStation 3 e PSP xa non só poden xogar en liña,
senón tamén adquirir xogos e contidos descargables, o que levou ao lanzamento da
primeira
Mega actualización da PlayStation Store
para pór ao dÃa o seu catálogo. Amais, tamén amplÃan o prazo das súas ofertas
de primavera (que estarán dispoñibles ata o 8 de xuño).
Entre so xogos completos que se poden adquirir agora na PlayStation Store para
PS3 estarÃan Armagedon Riders (9,99
euros), Under Siegue (14,99 euros), Space Ace (9,99 euros), Streets of Rage 2 (4,99 euros), Puzzle Agent (9,99 euros) e EA SPORTS MMA (29,99 euros) e para PSP
teriamos Gladiator Begins (29,99
euros) e Guilty Gear XX Accent Core Plus
(29,99 euros). Tamén se incorporan ao catálogo múltiples minis, PSone Clásicos (entre os que destacan Final Fantasy VI e Parasite
Eve 2), demos e contidos descargables.