Vueling bautizará os seus avións a través de Facebook e Twitter
martes, 28 de xullo do 2009
Vueling, a aeroliña española que se
define a sí mesma como “de nova xeración”,
vén de lanzar un concurso, a nivel europeo, para que os seus clientes poidan
bautizar cinco dos 18 novos avións que incorporou á súa frota a raíz da fusión
con Clickair, proceso que culminou o pasado 15 de xullo.
A frota resultado da fusión está composta
de 35 Airbus A-320, dos cales 18 poderán ser renomeados por calquera persoa,
cliente ou non de Vueling, a través deste concurso, dende hoxe ata o vindeiro 2
de agosto.
As ideas poden enviarse a través da páxina oficial da compañía, así como ás contas de
Vueling en Facebook e Twitter.
A compañía apostou polas redes sociais
para interactuar de forma máis directa cos seus “fans”, que serán premiados con 10€ de desconto en voos, só por
participar no concurso.
As 50 propostas máis orixinais, segundo os gustos dos responsables da
iniciativa, entrarán nunha votación pública que se celebrará entre o 4 e o 9 de
agosto. Os gañadores do concurso (resultantes dos 5 nomes que recibisen un
maior número de votos ás 23.59 h do día 9) serán proclamados e dados a coñecer o
12 de agosto.
O autor do nome máis votado será premiado cunha visita ao hangar para
presenciar, en directo, como a súa idea é plasmada na fuselaxe dun avión da
aeroliña, e con cinco viaxes para dúas persoas (con dúas noites de aloxamento
incluídas) a calquera destino Vueling da súa elección.
Os restantes catro gañadores obterán unha
viaxe de balde, ida e volta, para dúas persoas, tamén a calquera destino onde a
compañía teña conexión directa.
Click on Vueling
Ademais dos cinco nomes que xurdirán do
concurso, a aeroliña xa conta cunha suxestión para un sexto avión, Click on Vueling, por iniciativa dos empregados da propia
compañía.
O proceso de repintado da antiga frota de Clickair
levarase a cabo dende mediados de setembro ata mediados de novembro, a medida
que os aparatos vaian realizando as súas inspeccións periódicas. O repintado de
avións é o único paso pendente no despregamento da marca Vueling
a toda a frota de Clickair, cuxos interiores xa se
encontran totalmente acondicionados dende a integración operativa de ambas as
dúas compañías, a principios de mes.
Entre os nomes da antiga frota de Vueling
destacan: Barceloning, Born to be Vueling, The joy of vueling e Vueling, que es
gerundio!