WhatsApp poderÃa deixar de operar en Reino Unido
xoves, 9 de marzo do 2023
Nun momento no
que se está a falar do bloqueo de TikTok nalgúns paÃses por considerar que a
aplicación poderÃa non protexer suficientemente os datos dos usuarios ante
inxerencias do Goberno chinés, resulta bastante sorprendente que poida sucede
case o contrario, xa que o máximo responsable de WhatsApp, Will Cathcart, asegura que
non reducirán a seguridade das mensaxes dos seus usuarios aÃnda que o
solicite o Goberno británico, o que poderÃa levar á prohibición de WhatsApp no
Reino Unido.
Estas afirmacións de Cathcart chegan en apoio a Meredith Whittaker, presidenta
de Signal, quen asegurou antes que Signal deixarÃa de operar en Reino Unido se
obrigaban por lei á análise das mensaxes dos usuarios.
Cómpre lembrar que tanto Signal como WhatsApp fan uso de cifrado de extremo a
extremo, ou sexa, que as compañÃas responsables destas plataformas de
mensaxerÃa non poden acceder aos contidos das mensaxes dos usuarios, e queren
que as aplicacións continúen a operar asÃ, pese a que en Reino Unido estean a
promover unha lei que obrigue ás plataformas que permiten a mensaxerÃa privada cifrada
que adopten tecnoloxÃa para a detección e o borrado de material de abuso
infantil.
AÃnda que introducir tecnoloxÃa que puidese detectar pornografÃa infantil é unha
demanda que parece razoable, o problema é que supón a redución da seguridade do
sistema, e unha vez establecido poderÃa perverterse completamente, xa que cada
paÃs (incluÃndo réximes autoritarios) poderÃa indicar os contidos contra os que
haberÃa que actuar, o que poderÃa levar a censura e mesmo a control da
poboación e identificación de disidentes, facendo cómplices ás ferramentas de
comunicación de medidas que poderiamos considerar contrarias aos dereitos
humanos.
WhatsApp e Signal non queren converterse en ferramentas de vixilancia masiva da
poboación, pero tamén queren evitar o uso de tecnoloxÃas polémicas. Lembremos
que Apple chegou a realizar probas cunha tecnoloxÃa de detección de pornografÃa
infantil que se executaba directamente os dispositivos dos usuarios, e finalmente
suspendeu
a súa aplicación, dando a impresión de que non veremos nada semellante no
futuro por terse considerado de xeito maioritario que era un atentado contra
dereitos fundamentais.
