Tras comentarse que os equipos informáticos que non cumpran cos requisitos mínimos establecidos por Microsoft para actualizar Windows 10 a Windows 11 poderían optar pola instalación manual do novo sistema operativo pola súa conta e risco, a publicación que desvelou tal información, The Verge, matiza agora que dende Microsoft poderían facer que estas instalacións non autorizadas de Windows 11 non recibisen actualizacións do sistema operativo, incluíndo as actualizacións de controladores e de seguridade.
Haberá que agardar para ver como actuará Microsoft na práctica, pero polo momento a postura oficial é que os equipos que non superan os requisitos mínimos non están autorizados a recibir actualizacións de Windows 11, o que non significa necesariamente que as bloqueen realmente, e con estas comunicacións estarían a procurar disuadir aos consumidores de dar o salto a Windows 11 en equipos para os que o sistema non está deseñado, evitando así problemas futuros.
Cómpre salientar que a opacidade coa que está a prepararse o lanzamento de Windows 11 podería responder basicamente ao compromiso de Microsoft cos fabricantes de hardware, que son os auténticos beneficiados desta nova versión Windows, que podería instar á renovación de equipos entre os máis entusiastas.
Até o momento, para saber se o noso equipo é compatible con Windows 11, podiamos instalar unha ferramenta creada por Microsoft, pero esta prestación vai integrarse no propio Windows Update, advertindo se o noso equipo supera os requisitos establecidos ou indicando os elementos que non superan o corte establecido para poder actualizar a Windows 11.
Windows 11 podería deixar sen actualizacións aos equipos vellos
Compartir Este Artigo
