O popular xestor de contidos WordPress estreou hai pouco máis dun mes a súa versión 3.5, achegando numerosas novidades importantes como unha renovación importante do sistema de subida de fotografías e creación de galerías, así como a incorporación dun novo molde predeterminado (Twenty Twelve) que conta cun deseño moi limpo e optimizado para dispositivos móbiles que pode funcionar como base para moitos espazos web e a mellora no panel de control de WordPress, que agora aproveita a resolución adicional de pantallas Retina para amosar unhas iconas mellor definidas. Agora, todas estas melloras están xa dispoñibles tamén en galego, grazas ao traballo de voluntarios, como é habitual neste tipo de proxectos abertos á colaboración.

Vídeo de presentación da nova versión de WordPress

