WordPress estrea versión 3.5
martes, 11 de decembro do 2012
- A xestión de galerÃas é máis áxil na nova versión de WordPress
O xestor de
contidos para blogs máis popular da Rede, WordPress, estrea hoxe a súa versión 3.5,
alcumada Elvin na honra do
baterÃa Elvin Jones, que no seu dÃa tocara xunto a John Coltrane e moitos
outros. Esta actualización supón unha renovación importante do sistema de subida
de fotografÃas e creación de galerÃas, asà como a incorporación dun novo molde
predeterminado (Twenty Twelve) que
conta cun deseño moi limpo e optimizado para dispositivos móbiles que pode
funcionar como base para moitos espazos web.
Os usuarios de pantallas Retina tamén agradecerán as melloras no panel de
control de WordPress, que agora aproveita a resolución adicional de pantalla
para amosar unhas iconas mellor definidas.
Outras novidades a destacar
poden ser que as novas instalacións carecerán de xeito predeterminado do xestor
de ligazóns, pois entenden que este tipo de elemento carece de sentido na web
actual; unha nova páxina de benvida no menú de administración; unha nova
tipografÃa Open Sans; mellor soporte de elementos incrustables (para facilitar a publicación de contidos de servizos
como SlideShare.net e Instagram.com); e incluso a actualización das API
TinyMCE, jQuery, jQuery UI, jCrop e SimplePie.
VÃdeo de presentación da nova versión de WordPress