WordPress inclúe barra lateral e paneis deslizantes na súa aplicación para iOS
venres, 10 de agosto do 2012
Certas limitacións de iOS fai que manter un blogue dende un
iPhone ou un iPad non sexa unha tarefa doada vÃa web, de aà que WordPress conte
cunha aplicación
oficial que facilita a xestión de blogs en WordPress.com e en instalacións
personalizadas deste popular xestor de contidos, que vén de chegar a súa
versión 3.1, no que é unha das súas maiores melloras a nivel de interface de
uso. A nova aplicación para iOS conta cunha barra de navegación lateral que
permite un acceso áxil e doado a distintas áreas da aplicación e, no caso do
iPad, a información achégase en paneis que poden moverse co dedo.
Aparte das melloras de interface, a aplicación actualizada inclúe novas
funcións como soporte para formato de entradas, o novo sistema de estatÃsticas
de WordPress.com, buscador de amigos en
WordPress.com, maior soporte da disposición horizontal da pantalla, acceso
doado ao papel de control e á nosa web e, no caso do iPad, inclúense un par de
prestacións que xa estaban presentes na versión para iPhone da aplicación, como
vista previa de novas entradas e as funcións WordPress.com Reader e Quick
Photo.
- A versión para iPad da aplicación de WordPress aproveita o espazo dispoñible en pantalla para contar dunha interface de uso moi cómoda