A chegada de Chromecast a España non está pasar desapercibida, e parece que está a percibirse como unha solución para potenciar o uso do vídeo baseado na Internet no salón e, aínda que inicialmente o seu soporte limitábase a servizos de vídeo de Google como YouTube, dende Xataka están a dar conta de que a versión web da plataforma Wuaki.tv xa é compatible con Chromecast.
Isto quere dicir que, se temos o engadido de Chromecast instalado no noso ordenador, cando naveguemos pola páxina web de Wuaki.tv dende Chrome e queiramos reproducir un dos seus contidos no noso televisor (no que estaría conectado por HDMI un Chromecast) só teremos que facer clic para que o novo trebello de Google reproduza o contido de xeito independente, o que parece un xeito moi práctico para levar o material audiovisual de esta plataforma de streaming ao salón, sen precisar dun Smart TV nin de ter instaladas aplicacións en ningún dos dispositivos compatibles con Wuaki.tv.
É de esperar que engadan este tipo de reprodución tamén dende dispositivos móbiles e parece bastante claro que tanto plataformas de vídeo baixo demanda como as propias páxinas web de canles de televisión teñen aquí unha grande oportunidade para poder levar os seus contidos ao televisor dun xeito doado e económico (o Chromecast véndese actualmente a 35 euros).
Wuaki.tv xa é compatible con Chromecast na súa versión web
Compartir Este Artigo

