X/Twitter prepara aplicación para televisores
mércores, 24 de abril do 2024
De X/Twitter seguen a asegurar que a súa aposta polo vÃdeo é firme (pese a ser a plataforma social con peor calidade de vÃdeo) e para proxectar confianza neste ámbito a súa directora xeral, Linda Yaccarino, anuncia que están a preparar unha aplicación para televisor chamada X TV, que facilitará o goce de contidos audiovisuais en pantalla grande.
A nova aplicación promete que terá algoritmos para amosar os vÃdeos que sexan tendencia, organizará os vÃdeos por temáticas para unha experiencia personalizada potenciada pola IA, permitirá un uso cruzado entre o televisor e o móbil, contará cunha busca de vÃdeo áxil, facilitará proxectar vÃdeos dende o móbil ao televisor e chegará en breve á meirande parte de televisores conectados.