Xa é posible solicitar os bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables
xoves, 24 de novembro do 2022
A Sede
Electrónica da Xunta de Galicia xa permite a tramitación
de solicitudes para poder beneficiarse do bono dixital para a conectividade de
colectivos vulnerables, que contribuirá ao financiamento da contratación de
novos servizos de conexión de banda larga ou o incremento de velocidade dos xa
contratados dende unha localización fixa.
Esta liña de axudas está orientada a unidades familiares identificadas como
vulnerables e facilitará que a factura polo servizo achegado por unha das
compañÃas de telecomunicacións colaboradoras se reduza en 20 euros/mes durante
12 meses. As conexións contratadas deben ter unha velocidade mÃnima de 30 Mbps,
e as
compañÃas que actualmente colaboran coa iniciativa son Telefónica, Vodafone,
R, Itegal e A túa Xanela.
O bono dixital poderá beneficiar a persoas que xa sexan beneficiarias das
prestacións públicas de renda de inclusión social de Galicia (Risga) ou do
ingreso mÃnimo vital (IMV), estando tamén dispoñible para persoas cunha carencia
grave de recursos económicos ou en risco de exclusión social (ou sexa, cando o
nivel de renda na unidade familiar sexa 1,25 veces o IPREM se non hai unidade
familiar ou menores na familia, ou 1,75 veces o IPREM se hai menores na unidade
familiar).