Xa está nas tendas SingStar Guitar
luns, 22 de novembro do 2010
- SingStar Guitar puido probarse na pasada edición do Gamefest
A evolución da franquÃa
SingStar chega por fin ás tendas
españolas, onde xa pode atoparse o xogo SingStar
Guitar, que inclúe 30 grandes temas entre españois e internacionais con
moito ritmo e solos de guitarra, pois neste tÃtulo a mera experiencia de cantar
pode complementarse coa guitarra coma se estivésemos ante un Guitar Hero ou un Rock Band, pero contando co catálogo musical deste tÃtulo que
incorpora inicialmente temas de Barricada, Sidonie, U2 ou Estopa, á vez que na
tenda de descargas para o xogo vanse incorporando cada vez máis temas adaptados
para o seu uso con guitarra (ou para PlayStation Move, no caso do xogo SingStar Dance).
SingStar Guitar destaca por
incorporar bastantes temas roqueiros en español, o que normalmente é unha
grande carencia dos seus competidores máis directos, e ao ter un catálogo
ampliable mediante descargas de pagamento, tal experiencia pode manterse no
tempo.
- O clásico Chica de ayer de Nacha Pop pode agora tocarse e cantarse no SingStar Guitar
O prezo estimado de SingStar Guitar é
de 29,99 euros, aÃnda que tamén será posible mercalo por 69,99 euros con 2
micrófonos sen fÃos. O tÃtulo é compatible coa meirande parte das guitarras de
PS3 dispoñibles no mercado, e o seu repertorio inicial en España é o seguinte:
Ariel Rot - Dos de Corazones
Barricada - En blanco y negro
Despistaos - Cada dos minutos
Duncan Dhu - En algún lugar
El canto del loco- La suerte de mi vida
Estopa - Malabares
Blur - Song 2
Héroes del Silencio- Avalancha
Hombres G - Suéltate el pelo
JoaquÃn Sabina - La del pirata cojo
La Fuga - No solo respirar
Los RodrÃguez - Milonga del marinero y el capitán
Los Secretos - Déjame (Versión homenaje a E.Urquijo)
Nacha Pop - Chica de ayer
Pereza - Niña de papa-
Platero y tú - Alucinante
- Tamén temas actuais coma El Incendio de Sidonie estarán incluÃdas no xogo
Sidonie - El incendio
Kaiser Chiefs - I Predict A Riot
Fito y Fitipaldis - Antes de que cuente diez
Christina y Los Subterráneos- Voy en un coche
Marea - Petenera
Los Piratas - Mi matadero clandestino
Muse - Supermassive Black Hole
Dover - DJ
Sober - Diez años
Queen & David Bowie- Under Pressure
The Clash - Rock The Casbash
The Cult - She Sells Sancturay
U2 - Beautiful Day
VampireWeekends - A-punk