Xa non é posible subscribirse a Twitter Blue
venres, 11 de novembro do 2022
A
estrea do novo Twitter Blue non parecÃa ter sido o suficientemente desastrosa,
e a cantidade de contas falsas que contaban con selo de verificado para
suplantar a celebridades e marcas disparouse
dun xeito escandaloso, especialmente polo feito de que estas contas estaban
a usarse para facer humor dun xeito que as marcas non están dispostas a
tolerar, xa que provocan confusión e crear crises de reputación ante as que
teñen que actuar.
Se ben pode resultar gracioso que unha falsa conta de Pepsi diga que é mellor a
Coca-Cola, cando dende as contas falsas publican crÃticas polÃticas sobre os
abusos das marcas ou chegan a dicir que unha farmacéutica dispensarÃa insulina
de balde (obrigando á propia compañÃa a ter que lanzar un comunicado dicindo
que esa información proviña dunha conta de Twitter falsa), non só os selos de
verificación están a resultar prexudiciais e confusos, senón que está a
mandarse un sinal de alarma aos anunciantes, que están a abandonar Twitter en desbandada,
e mesmo as grandes axencias publicitarias están a recomendar aos seus clientes
que conxelen os seus investimentos publicitarios en Twitter mentres non estea
máis claro o rumbo da compañÃa.
O máis curioso do asunto é que, sen mediar ningún tipo de anuncio por parte de
Twitter ou de Musk, o mecanismo para
darse de alta en Twitter Blue dende iOS deixou de funcionar, no que semella
unha medida de contención para evitar que continúe a proliferación de contas
falsas de marcas que poidan lucir o selo de verificado e provocar un caos que
dá a entender que Twititer non é un espazo de confianza.
Resulta imposible saber o que está a pasar en Twitter, e como estará a plataforma
social a semana que vén, de aà que non sorprenda a desconfianza dos anunciantes,
dos traballadores da empresa que deixan os seus postos ante a posibilidade de
que os consideren legalmente responsables das imprudencias que están a cometer baixo
o ritmo acelerado que impón Musk, e incluso dos usuarios, que ven como periga o
sistema e exploran alternativas. Por fortuna, na meirande parte dos casos os
usuarios non atopan en Mastodon unha alternativa real a Twitter, polo que a
plataforma social de Elon Musk aÃnda non padeceu unha fuxida de usuarios que
poida tomarse en serio.