Xermade convoca a fotógrafos e internautas para mostrar o seu patrimonio na Rede
martes, 20 de xuño do 2017
O
Concello de Xermade (Lugo) quere tirar proveito das redes que se
tecen arredor das imaxes dixitais xeolocalizadas para promover os
seus atractivos turísticos ao tempo que “fai” comunidade en
liña. Por esta razón, vén
de convocar a segunda edición do seu Concurso de Fotografía Dixital
#xermadeenfotos, dirixido a amosar perante o mundo os seus
recursos patrimoniais, “reflectindo as múltiples sensacións que
se poden ter neste municipio”. Segundo informa o Goberno local,
cada participante poderá achegar un máximo de tres fotos a través
do portal xermadeenfotos.org
ata o 15 de setembro. A iniciativa vén da man da Concellería de
Xuventude e Educación.
As
fotografías deben amosar os recursos patrimoniais do municipio
(naturais e paisaxísticos, agrogandeiros, industriais,
arquitectónicos, etnográficos, arqueolóxicos, gastronómicos, etc)
de xeito atractivo e con calidade técnica e artística. Para esta
convocatoria, as imaxes terán que mostrar o tempo que estamos a
vivir, este tempo actual a cabalo entre primavera e verán (máis
verán, todo hai que dicilo, ca primavera). As bases do concurso
atópanse no portal xermadeenfotos.org
onde se poden tamén pendurar as fotografías e, por suposto, votalas
e compartidas nas redes sociais.
