Xiaomi lidera o mercado español de smartphones

xoves, 7 de maio do 2020 Marcus Fernández

Ao informar de que estabamos a vivir a peor caída da historia no mercado dos smartphones demos conta do feito de que os grandes fabricantes son os máis prexudicados, mentres que Xiaomi e Realme estarían a beneficiarse bastante da situación, o que, coincidido co crise que está a vivir Huawei por mor do bloqueo comercial dos EE.UU., leva a unha situación difícil de predicir hai un par de anos: Xiaomi converteuse no fabricante de smartphones nº 1 en España.
Concretamente Xiaomi gozaría do 28% da cota do mercado Español (o que supón un incremento interanual do 46%), mentres que Huawei quedaría cun 24% do mercado e Samsung co 22%. Apple quedaría cun moderado 12% de cota de mercado e entraría en xogo Oppo, cun 3% de cota do mercado (o que supuxo un incremento interanual do 1024%.
Resulta rechamante a moita forza que aínda conserva Huawei en España segundo datos de Canalys, xa que o fabricante chinés consegue manter o seu segundo posto no mercado, aínda que resulta improbable que poida conservar tal posición a longo prazo, xa que o feito de que os seus novos dispositivos non poidan contar cos servizos de Google preinstalados é un grande freo para a meirande parte dos consumidores europeos, o que claramente beneficiará a outros fabricantes como Xiaomi e Samsung.
A posición de Apple tamén parece bastante estable, cunha cota de mercado do 12%, mentres que Oppo consegue conquistar o posto 5 grazas a experimentar un crecemento interaunual do 1.024%, ritmo difícil de manter, pero que podería ter inercia dabondo para que esta compañía chinesa conseguir gañar presenza no mercado español (onde a marca Realme cada vez é máis importante).

PUBLICIDADE