Xogos clásicos de Intellivision rexurden na Nintendo DS
xoves, 9 de setembro do 2010
En 1979 a
compañÃa xogueteira Mattel comercializou unha consola de videoxogos doméstica
chamada Intellivision, que pretendÃa competir coa popular Atari 2600 e
conseguiu vender máis de 3 millóns de unidades e completar un catálogo de máis
de 125 xogos, que para moitos nostálxicos convertéronse en auténticos clásicos,
dos que podemos recuperar unha boa parte dos mesmos mediante un recompilatorio
chamado Intellivision Lives! dispoñible
para PC e varias consolas de videoxogos domésticas (GameCube, PS2 e Xbox)
ás que a semana que vén vai sumarse a Nintendo DS, aÃnda que parece que a
súa distribución non vai ser moi boa (por estar dirixido a un público
reducido).
Intellivision Lives! inclúe máis de 60
tÃtulos da clásica consola de Mattel entre os que están Vectron, Shark! Shark!, Space Battle, Frog Bog, Body Slam, Tower of Doom e moitos outros que só
saberá apreciar quen xogase aos mesmos na consola doméstica, pois este tipo de xogos
envelleceron bastante mal por contar cuns gráficos e unha xogabilidade con
moitas limitacións, pero que servirán para lembrar os primeiros tempos das
videoconsolas.
- A Intellivision foi unha das primeiras videoconsolas domésticas