YouTube Direct facilita o xornalismo cidadán
martes, 17 de novembro do 2009
Grazas á
popularización das cámaras de vídeo (presentes incluso nos teléfonos móbiles) o
xeito no que recibimos as novas cada día está a mudar, de xeito que case
calquera evento vese rexistrado audiovisualmente, permitindo facer que os
cidadáns actúen coma reporteiros en momentos puntuais, que grazas ao portal de
vídeo de Google pode converterse nunha posibilidade cada vez máis habitual e
doada a través de YouTube Direct,
servizo que permite
ás organizacións mediáticas solicitar, revisar e retransmitir clips de YouTube
directamente dos usuarios de YouTube, cunha aplicación aberta que
permite habilitar versións personalizadas da plataforma para subir vídeos de
YouTube nos seus propios sitios.
Os usuarios pode subir vídeos directamente na aplicación, o que tamén permite á
organización que invita unha revisión doada dos vídeos remitidos, e así
seleccionar os mellores para a súa emisor ou para a súa publicación na web,
vivindo tamén estes contidos en YouTube, mellorando así a súa exposición, ao
estar accesibles para unha audiencia moi ampla.
Aínda que a idea de YouTube Direct sexa a de remitir contidos a medios de
comunicación, tamén servirá para organizacións sen ánimo de lucro, partidos
políticos ou calquera outro colectivo que queira aproveitar a forza da Rede nas
súas iniciativas en liña.
Neste momento xa utilizan esta ferramenta medios coma The
Huffington Post, o San
Francisco Chronicle ou o The
Washington Post, que nestes últimos casos parece limitarse á
publicación de respostas en vídeo,
pero que pouco a pouco podería converterse nunha solución de envío de vídeo
potente, especialmente se temos en conta que estes días dende YouTube están a
traballar na adaptación do seu sistema para normalizar os vídeo en Full HD (ata
o momento a súa alta definición quedaban nas 720 liñas en progresivo).
Explicación oficial de YouTube Direct