YouTube Premium proba unha versión Lite nos EE.UU.
mércores, 5 de marzo do 2025
Actualmente, se queremos gozar legalmente de YouTube sen publicidade temos que subscribirnos a YouTube Premium pagando 13,99 euros/mes, o que dá acceso a vÃdeos sen anuncios, a posibilidade de consumir os contidos fóra de liña, a opción de reprodución os contidos en segundo plano e a posibilidade de gozar de YouTube Music como unha aplicación independente dende a que poder acceder a máis dun cento de millóns de cancións.
Resulta bastante rechamante que para poder gozar de YouTube sen anuncios haxa que pagar unha cantidade igual á do plan estándar de Netflix, pois no caso de YouTube dende Google non teñen que pagar dereitos polos contidos, senón que se limitan a ofrecelos e, como moito, compartir parte dos beneficios publicitarios.
Dado que incluso Netflix ten plans máis económicos, dende YouTube están a reaccionar ás actuais condicións do mercado, e agora comezan as probas nos EE.UU. de YouTube Premium Lite, un programa piloto que ofrece por 7,99 dólares/mes a posibilidade de consumir os contidos sen publicidade, pero sen contar con YouTube Music nin coa posibilidade de descargar os contidos para velos sen conexión ou de reproducilos en segundo plano, ou sexa, que se paga unicamente para eliminar a publicidade na meirande parte dos contidos (pois os anuncios poden seguir aparecendo en contidos musicais, Shorts e durante as buscas).
Este novo programa prevé espallarse xeograficamente por máis paÃses ao longo do ano, polo que é de prever que en breve estea dispoñible en España.