YouTube obrigará a identificar o contido creado mediante IA
martes, 14 de novembro do 2023
AÃnda que
legalmente aÃnda non se sabe o que acontecerá cos contidos xerados mediante
intelixencia artificial, especialmente no que se refire ao copyright, hai
actores que prefiren adiantarse aos regulamentos e moven ficha. Temos asà que
YouTube anunciou hoxe novas medidas para manter un achegamento responsable á
innovación da IA.
Xa vén de longo a prohibición da publicación en YouTube de contido manipulado
que poida levar aos usuarios a engano, entenden que agora poidan xurdir casos
nos que o contido sintético ou alterado dixitalmente poida dar lugar a novas
narrativas, polo que van crear unha etiqueta que servirá para destacar cando un
contido sexa deste tipo.
Pero a nova etiqueta non será opcional, senón que será unha obriga para os creadores
de contido, especialmente en temas sensibles (comicios electorais, saúde
pública...) e non especificar que un contido estea manipulado ou fose creado dixitalmente
suporá medidas como a súa eliminación, a suspensión do programa de partners
de YouTube e outras penalizacións.
Os vÃdeos creados ou manipulados mediante IA contarán asà cunha etiqueta
destacada, para que os usuarios vexan claramente que non están ante un vÃdeo real,
aÃnda que cómpre salientar que no caso de que un contido infrinxa as normas da
plataformas por, por exemplo, amosar violencia realista, seguirá a estar prohibido
pese a que deixe claro que non é real, para protexer aos espectadores deste
tipo de contido.
Suplantación e imitación mediante IA
Cando se empregue a tecnoloxÃa para suplantar unha cara ou unha voz, as medidas adoptadas serán diversas: por unha banda, os usuarios poden solicitar a retirada de contidos nos que se suplante a súa identidade (aÃnda que haberá casos nos que o borrado non se realizarÃa por, por exemplo, considerarse unha parodia), e por outra, os socios musicais de YouTube poderán solicitar a retirada de contido musical que imite aos artistas que representan (tamén con excepcións, xa que haberá casos lÃcitos, como en vÃdeos nos que se estea a analizar este fenómeno).
Outros usos da IA
YouTube asegura estar a empregar a intelixencia artificial
para a moderación de contido, xa que a aprendizaxe automática axuda a detección
de condutas tóxicas, asà como tamén pode servir para detectar contidos
realmente desagradables e mesmo evitar a exposición dos moderadores humanos aos
eles (mitigando asà un importante problema que afecta á saúde mental dos
traballadores).
Dende YouTube manteñen o seu compromiso de seguir a crear ferramentas de IA
para os creadores, pero sempre dende a responsabilidade, de aà que toda esta
evolución estea a facerse con cautela, conscientes de que a IA xenerativa terá
un impacto moi grande en moitos sectores durante os vindeiros anos.