Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Burela acollerá do 4 ao 8 de agosto unha nova edición do Campamento Dixital para a rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Burela acollerá do 4 ao 8 de agosto unha nova edición do Campamento Dixital para a rapazada

S. P.
Publicado: 01/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

campamentos_dixitais_digicamp.jpgO Concello de Burela, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, confirmou que do 4 ao 8 de agosto celebrarase unha nova edición do Campamento Dixital na Aula CeMIT local, situada no Centro de Formación Ocupacional da vila. A actividade desenvolverase en horario de mañá e está dirixida a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos.
Este campamento enmárcase no Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI), impulsado polo Ministerio de Xuventude e Infancia e financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU.
A participación é 100% gratuíta e inclúe, ao remate, a entrega do certificado oficial DigComp, que acredita as competencias dixitais adquiridas.
Durante cinco días, a rapazada poderá experimentar a tecnoloxía de forma lúdica, segura e responsable, mediante xogos, retos, dinámicas creativas e actividades adaptadas a cada idade, segundo informou o Concello, engadindo que “os contidos abranguen desde a creación de vídeos e presentacións ata o desenvolvemento de aplicacións móbiles, hábitos saudables no uso de Internet, prevención do ciberacoso, pensamento crítico ante as noticias falsas e o uso ético da Intelixencia Artificial”.
Trátase “dunha oportunidade extraordinaria para que os nenos e nenas de Burela aproveiten o verán aprendendo sobre tecnoloxía, adquirindo habilidades moi valiosas divertíndose”, explicaba Mario Pillado, tenente da alcaldesa de Burela. “Apostamos por iniciativas que reforzan a educación dixital e a igualdade de oportunidades no acceso ao coñecemento”, concluía.
A actividade estará guiada por educadoras e educadores especializados e deseñada para garantir a participación segura e inclusiva. As familias interesadas poden inscribir aos seus fillos e fillas en campamentodigital.org ou chamando ao teléfono 674 72 76 23.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?