Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra quere achegar a rede CPAE ás “necesidades reais” das PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra quere achegar a rede CPAE ás “necesidades reais” das PEME

Redacción
Publicado: 28/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_pontevedra_xuntanza_cpae.jpgBuscar xeitos de tirar o máximo partido do potencial da rede de centros CPAE 2.0 da Deputación de Pontevedra. Esta foi a finalidade da xuntanza mantida este mércores por representantes da entidade e do tecido empresarial da provincia. Na reunión participou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen reiterou o seu compromiso de crear “unha administración que responda ao reto da sociedade”. Entre estes retos, sinalou, atópase o de “medrar economicamente”, e para facelo é imprescindible capacitarnos no dixital e no tecnolóxico. Na súa opinión, a rede CPAE 2.0, presente en seis localidades (Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño), é e debe seguir sendo unha iniciativa para adquirirmos a dita formación.
Amais de Carmela Silva, acudiron ao pazo provincial representantes de AJE Pontevedra, APE Galicia, OPA Galicia, AGTAMAR-UPTA, ATA, AEMPE, Executivas Galicia e AUGA, que valoraron “moi positivamente a posta en marcha de reunións, coma a de hoxe, para afondar na colaboración entre asociacións empresariais e a Deputación de Pontevedra”. Este encontro cos axentes empresariais serviu primeiro para dar a coñecer o CPAE 2.0, unha rede que lle presta un servizo de información a PEME da contorna e ten por obxectivo potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das novas tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación, facilitar a implantación do comercio electrónico e impulsar a venda en liña.
Carmela Silva engadiu que “tal e como estaba configurado, o CPAE 2.0 non respondía á demanda e necesidade das PEME e autónomos da provincia de Pontevedra”. Por iso, “co obxectivo de optimizalo e dar resposta ás ditos requirimentos”, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha o encontro desta semana, que serviu polo tanto para recoller as opinións dos usuarios potenciais e dar forma a unha rede CPAE que “sume sinerxías, achegue espazos de diálogo e impulse procesos de internacionalización, tan necesarios no mundo globalizado no que vivimos”, comentou a presidenta, que tamén engadiu que amais de optimizar o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial, “estamos impulsando dous espazos de coworking, en Barro-Meis e Lalín, mellorando as bolsas de estudantes universitarios e de formación profesional, e impulsando un plan de actuación turística, que queremos desenvolver coa colaboración dos 62 concellos da provincia, pero tamén co sector empresarial, para conseguir impulsar a provincia de Pontevedra”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?