Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra quere afianzar a comunicación coa cidadanía na súa nova páxina web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra quere afianzar a comunicación coa cidadanía na súa nova páxina web

Redacción
Publicado: 13/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_nova_paxina_web.jpgOnte presentábase perante os medios a nova páxina web da Deputación de Pontevedra, e facíao a presidenta da Deputación, Carmela Silva e o vicepresidente, César Mosquera. Dende a Deputación fíxose fincapé en que a viraxe desta páxina foi feita polos propios servizos de comunicación e de novas tecnoloxías da institución provincial. Así, o novo espazo web estrearase este xoves 15 de decembro e pasará a substituír ao actual, que, segundo fixeron saber Silva e Mosquera, “pola súa dificultosa navegación facía minguar as visitas por parte dos cidadáns”.
En canto á nova web, Silva salientou que é moi visual e máis transparente pois vai contar con toda a información institucional para que todos os que o desexen poidan coñecer o traballo da Deputación de Pontevedra. “Vai ser unha páxina moito máis participativa, continuou Silva, para que poidamos achegar a representación política aos cidadáns con enquisas semanais mellorado así a nosa comunicación cos pontevedreses e pontevedresas”.
César Mosquera apuntou que se foron poñendo en orde os contidos para aumentar a súa visibilidade e comodidade para os usuarios: “En moitas ocasións hai unha disputa política para que aparezan moitas cousas. Neste caso houbo un esforzo en reducir os campos para facilitar a lexibilidade e o uso. Agardo que sexa un éxito”.
A presidenta tamén subliñou a maior presenza dos concellos da provincia, “que terán un apartado para as súas novas ou aquilo que queiran amosar na nosa páxina”.
Outra das novidades tecnolóxicas que presenta a nova web é a súa adaptación aos distintos formatos de navegación, non só dende os computadores senón tamén dende tabletas ou teléfonos móbiles.
Carmela Silva lembrou a clara aposta que está a facer a Deputación de Pontevedra polas novas tecnoloxías: “Estamos activamente en Twitter, Facebook, Youtube, Instagram, Periscope e Linkedin. En Twitter, xa somos a Deputación galega con maior número de seguidores, 7.276, e acadamos case 400.000 impresións mensuais nesta rede social”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?