Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAG presenta o proxecto web Primavera das Letras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAG presenta o proxecto web Primavera das Letras

Redacción
Publicado: 11/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

primavera_das_letras.jpgA biblioteca do CEIP Curros Enríquez da Coruña acolleu esta mañá a ritmo de rap a presentación de Primavera das Letras, proxecto pensado para fornecer ao profesorado, a través das TIC, de recursos didácticos que permitan traballar os contidos educativos relacionados co Día das Letras Galegas alén dos días previos ao 17 de maio e desde unha perspectiva interdisciplinar. Ademais de recitar versos do poeta ao que se dedica este ano a celebración, o alumnado cantou e bailou un orixinal rap que narra a vida do poeta Manuel María, quen viviu a derradeira etapa da súa vida no barrio coruñés de Monte Alto, onde a Real Academia Galega decidiu celebrar este acto de presentación.
A cerna de Primavera das Letras é a súa páxina web, desde a que se achegarán distintos materiais, dirixidos sobre todo ao alumnado de infantil e primaria. O proxecto está aberto tamén ás familias e a calquera usuario, que poderán acceder aos materiais pendurados neste espazo virtual de acceso libre.
privamera_das_letras_presentacion_02.jpgNa presentación de Primavera das Letras interviñeron o director do CEIP, Antonio Leonardo Pastor; o secretario da Academia, Henrique Monteagudo; a coordinadora de normalización lingüística do colexio, Begoña Mosquera, e o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero. As académicas Rosario Álvarez e Margarita Ledo e Saleta Goy, viúva de Manuel María, tamén participaron, xunto a outros membros da comunidade escolar, nun acto no que o alumnado acaparou o protagonismo. Dous grupos de estudantes recitaron os poemas de Manuel María Galiza, d”Os soños na gaiola; e A fala, d”As rúas do vento ceibe; e outro interpretou o rap Manuel María. Guiado polo profesor de música Víctor González Buján, narrou a vida de quen será homenaxeado no Día das Letras Galegas.
primavera_das_letras_cantares.jpgPrimavera das Letras arrinca cunha ficha na que se explica a orixe do Día das Letras Galegas, que se celebrou por primeira vez en 1963, cen anos despois de se publicar Cantares gallegos. Séguelle Manuel María, unha vida de poema, na que a biografía do autor se escribe a través de poemas como Carné de identidade e se propón ao alumnado, entre outras cousas, que escriba o seu propio carné en verso ou converterse en xornalista para recoller testemuños sobre o uso do carro, ao que Manuel María lle dedicou un dos seus poemas máis populares.
A poesía de Manuel María está chea de versos que facilitan esta mirada multidisciplinar, parte deles incluídos en dúas obras destacadas da literatura infantil galega: Os soños na gaiola, publicado por primeira vez en 1968, cando apenas había un pequeno feixe de obras en galego para o público máis novo; e As rúas do vento ceibe, de 1979. Cada un destes dous poemarios conta con cadansúa ficha didáctica.
3-o-ourizo.jpgManuel María dedicoulle Os soños na gaiola a todos os nenos e nenas que falan galego e xuntou neste libro, segundo dicía, os versos que el botou en falta na súa infancia. Na ficha sobre este poemario proponse un achegamento á súa poesía, mais tamén á natureza, con debuxos para colorear os versos que Manuel María lle escribiu á bolboreta, ao “arco da vella co ceo subido”, ao “señor merlo larpeiro”, ao “ourizo ouriceiro” ou á “señora Pita”, entre outras propostas.
Primavera das Letras non só recorre á obra de Manuel María para o público infantil, tamén aproveita outros versos que poden ser igualmente empregados nas escolas para abordar, ademais da lingua e da literatura en si mesmas, contidos relacionados co mundo animal ou a xeografía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?