A chinesa Doov sube ao carro dos móbiles con cámara xiratoria
mércores, 26 de novembro do 2014
A orixinal proposta do Oppo N1 dunha
cámara xiratoria que permita que poidamos facer autorretratos co móbil coa
mesma calidade que unha fotografÃa ordinaria está a facer escola, e agora coia
a idea dun xeito un chisco diferente o Doov Nike V1,
que incorpora unha bisagra na súa cámara
traseira que permite abatela 190 graos, de xeito que serve para tomar
auto-fotos, tirando asà proveito do seu sensor Sony de 13 MpÃxeles, a súa
apertura de F/2.0 e o seu estabilizador óptico de imaxe. A peza abatible na que
está albergada a cámara incluso conta con flash de dobre ton para conseguir a
temperatura de cor máis axeitada. O sensor da cámara está protexido por unha
lente de zafiro, que ofrece unha grande resistencia aos golpes, á vez que tamén
ten un elevado Ãndice de refracción.
Este novo smartphone LTE funciona cun procesador MediaTek MT6732 de catro
núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento interno, Wi-Fi N,
Bluetooth 4.0, baterÃa de 2.480 mAh, e Android 4.4.4, ten unha pantalla IPS de
alta definición (1.280 x 720 pÃxeles) de 5 polgadas, un grosor de 8,3
milÃmetros e un prezo de
1999 iuans (260 euros) para o seu modelo básico.
- A chinesa Doov apúntase ao concepto das cámaras xiratorias