Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A sede electrónica xudicial porase en marcha en outubro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A sede electrónica xudicial porase en marcha en outubro

Redacción
Publicado: 02/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Alfonso Rueda (Vicepresidencia) e Mar Pereira (AMTEGA) na presentación en marzo das posibilidades do visor de expediente xudicial
Alfonso Rueda (Vicepresidencia) e Mar Pereira (AMTEGA) na presentación en marzo das posibilidades do visor de expediente xudicial
Será ao remate do verán, concretamente en outubro, cando se poña en marcha a sede electrónica xudicial. Como recordaremos (e segundo adiantaron co inicio deste ano os representantes das entidades responsables do seu desenvolvemento: AMTEGA e Vicepresidencia), esta sede electrónica servirá como canle de comunicación electrónica segura da Administración de Xustiza cos cidadáns e os profesionais, complementando os servizos do portal eXustiza. Nunha primeira fase posibilitará a presentación electrónica dos procedementos monitorios. Entre os procedementos de meirande transcendencia que vai permitir a nova sede atópase a posibilidade consultarmos en liña o estado no que se atopan as demandas e os procesos dos que sexamos parte. De maneira progresiva engadirase novas funcionalidades. A sede estará accesible dende o portal xustiza.gal.
Estas e outras medidas insírense no Plan Senda 2020. Ao abeiro deste programa preténdese que a sede se converta na canle única para todos procedementos e servizos do eido xudicial galego.
O Plan Senda ten outro dos seus piares no visor do expediente xudicial electrónico, que como puidemos saber en marzo vaise implantar en todos os xulgados galegos ao longo de 2016, logo da “estrea” do mesmo (en febreiro) na Audiencia Provincial de Pontevedra (que acolleu a pilotaxe do visor). Trátase, máis polo miúdo, dunha solución multidispositivo que permite aos profesionais da Administración de Xustiza acceder á información do expediente xudicial en formato electrónico, convenientemente ordenada e catalogada.
O visor, ao que se accede mediante certificado dixital, posibilita o acceso á información dos expedientes xudiciais electrónicos relacionados con cada profesional e, segundo sinalaron no seu día AMTEGA e Vicepresidencia, “con totais garantías de seguridade”. Dispón dun buscador avanzado que facilita as procuras, filtrándoas en función das diferentes características dos procedementos ou documentos.
O visor é unha das pezas chave do Expediente Xudicial Electrónico, xunto co sistema de Xestión de Arquivos físicos e pezas de convicción (que se comezou a probar este ano en Ourense) e a devandita sede electrónica xudicial.
Segundo puidemos saber, o visor atópase operativo xa (a día de hoxe) en nove sedes xudiciais galegas, sendo empregado arestora por máis de 260 profesionais da Xustiza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?