Último engadido : 1 de outubro do 2007.
A segunda edición das Xornadas de Transferencia Universitaria en Docencia e Investigación Aplicadas desenvolverase o vindeiro 7 de outubro na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC baixo o lema A sociedade ante o mundo dixital. Organizado polo Grupo de Investigación Social e Políticas Públicas (ISOPOLIS) e coordinado por Bran Barral Buceta e Francisco Eduardo Haz Gómez, o acto inaugural botará a andar ás 9.15 horas. A inscrición pode formalizarse a través do ormulario en liña habilitado.
Contribuír ao labor do persoal investigador do campus en ámbitos como os estudos sobre materiais ou a produción de prototipos é o obxectivo do Crea Lab, un laboratorio tecnolóxico de apoio á investigación no ámbito da creatividade, impulsado no marco do proxecto de especialización Campus Crea (Campus de Pontevedra).
A Consellería de Educación vai incorporar á Formación Profesional galega a que sería, en palabras do conselleiro Román Rodríguez, “a primeira ferramenta de Intelixencia Artificial nestes ensinanzas para que os alumnos poidan recrear na aula situacións reais en inglés a través dunha interface en 3D que lles permite interactuar con avatares en distintos escenarios que simulan patróns do día a día”.
Agora que temos no mercado o Galaxy Ring de Samsung resultan máis rechamantes os movementos nesta categoría de produtos que queren coller o lugar de pulseiras de actividade e reloxos conectados para o seguimento da nosa actividade física e benestar físico, facendo que a cuarta xeración do Oura Ring capte bastantes miradas, aínda que o seu prezo (entre 399 e 549 euros) e depende dun servizo de subscrición (que custa 69,99 euros/ano) seguen a ser un importante freo para a adopción deste dispositivo.
O futuro Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA), que terá a súa sede na Tecnópole de Ourense, “converterá a provincia nun referente en ferramentas e servizos dixitais protexidos e permitirá á Comunidade manter a dianteira na innovación e desenvolvemento desta tecnoloxía”. Así o aseguraba este xoves 3 de outubro o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, na inauguración da Xornada Galicia segura: innovación e ciberseguridade.
A celebración do Unreal Fest Seattle serviu para que Epic Games realizase anuncios importantes como o lanzamento da versión preliminar de Unreal Engine 5.5, a baixada de comisións na tenda de xogos de Epic Games ou a posibilidade de crear illas para as Tartarugas Mutantes en Fortnite.
Os Premios a la Innovación Digital 2024 (2024 PID), do xornal El Norte de Castilla outorgaban o galardón á mellor iniciativa social dixital de axuda ao cidadán onte (mércores, 2 de outubro) ao presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, polo seu programa Navega con rumbo polo ciberespazo. O premio foi entregado nun acto celebrado en Valladolid da man do director xeral de Telecomunicacións e Administración Dixital da Consejería de Movilidad y Transformación Digital da Junta de Castilla y León, Antonio Ibáñez Pascual.
A LAN Party que cada ano xunta en Silleda a centos de afeccionados á informática e a cultura dixital que na súa vindeira edición muda de nome polo de XGN Intermax, vén de abrir as súas presinscricións, de xeito que os interesados en acudir co seu propio ordenador ao evento poden reservar a súa praza de xeito anticipado, comezando o proceso de reserva formal o vindeiro día 10 ás 10:00 horas. O prezo para poder participar na festa informática con dereito a un posto con toma de corrente e conexión á Internet é de 40 euros.
O compromiso coa inclusión social e a accesibilidade son as bases polas que se rexe o proxecto europeo Design to Freedom (D2F), detrás do cal atopamos ao CITIC da Universidade da Coruña (UDC), á Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) e a outros socios europeos.
O bufete galego Pintos & Salgado, especializado en dereito tecnolóxico, vén de alertar dun importante incremente das tentativas de bluesnarfing, unha práctica de hackeo da que tamén advirten a Policía Nacional e máis a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) e que consiste en roubar datos persoais dos nosos dispositivos móbiles.
O célebre xogo de ritmo con espadas de luz en realidade virtual Beat Saber recibirá o vindeiro día 8 un importante lote de cancións que non é de outra máis que da Princesa do Pop, Britney Spears, de xeito que poderemos adquirir tanto as súas cancións soltas como en lote, e incluso de xeito conxunto co xogo se é que aínda non o tempos en Meta Quest, PlayStation VR ou PC.
Tras bastante tempo descoidando o seu servizo de podcasting puidemos ver como en agosto Apple Podcasts estreou versión web e agora están a ampliar unha funcionalidade que pode ser moi relevante a longo prazo ao mellorar a visibilidade a accesibilidade dos podcasts a través das súas transcricións, que chegan agora en 8 novas linguas entre as que temos que destacar o portugués de Brasil e o portugués de Portugal (avance que no futuro podería beneficiar aos contidos en galego).
Un total de 70 persoas empregadas públicas participan dende este 2 de outubro na terceira edición do Curso superior en protección de datos, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Nodo CIBER.gal. O curso foi inaugurado pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño; e o director da acción formativa, Gustavo Herva Iglesias.
Krafton, a empresa surcoreana detrás de PUBG: Battlegrounds, vén de asinar un contrato de licenza coa compañía de videoxogos nipoa Pocketpair sobre o xogo Palworld para poder levalo a dispositivos móbiles, para o que teñen previsto reinterpretar e adaptar de xeito fiel os elementos de entretemento do xogo orixinal para móbiles, anuncio que sorprende bastante xa que Nintendo denunciou hai pouco a Palworld por infracción de patentes, polo que semella arriscado iniciar a adaptación dun xogo que podería rematar sendo retirado do mercado.
A anterior grande versión perpetua do paquete ofimático de Microsoft era Office 2021, pero en marzo anunciaron que este ano tamén teriamos unha nova versión vitalicia, e finalmente temos dispoñible para a súa compra Office 2024 en dúas versións: Office Hogar 2024 para uso non comercial nun único equipo a un prezo de 149 euros e Office Hogar y Empresas 2024 para un equipo por 299 euros.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación suma este curso unha nova iniciativa coa que achegarse ás mozas e mozos de ensino medio que en breve terán que elixir estudos. Trátase da experiencia piloto InformaTE, un programa dirixido a facilitarlle a estes estudantes, ás súas familias e orientadores dos centros de ensino secundario a comunicación directa coa escola.
Internet Galicia, o portal de servizos da plataforma GaliciaDigital, comezou o mes de outubro compartindo novidades. Entre estas atópase o traballo desenvolvido xunto á Xunta de Confrarías da cidade de Lugo para dar forma á nova web da Semana Santa na cidade da Muralla. O labor levado a cabo pola empresa orientouse a transmitir en liña a gran relevancia que ten a dita celebración relixiosa para Lugo, “un período de intensa devoción e tradición arraigada no corazón da cidade”.
O municipio San Pedro de Pinatar, na rexión de Murcia, acolleu nos últimos días o II Foro Nacional de Axentes de Desenvolvemento Local, que reuniu a especialistas de todo o Estado español para abordar temas clave como as políticas para enfrontar o despoboamento do rural, potenciar a transformación dixital e a economía circular. Neste foro nacional, a Oficina Next Deputación A Coruña foi seleccionada como unha das iniciativas de referencia a nivel estatal e o seu funcionamento explicouse con detalle durante a mesa redonda Fixando Talento. Iniciativas que funcionan.
A AMTEGA inicia mañá en Ortigueira as segundas xornadas formativas en materia de ciberseguridade previstas para este ano, que se celebrarán ata o mes de decembro en 23 aulas da Rede de Aulas CeMIT.
No marco da cuarta edición do encontro Iberseries & Platino Industria tivo lugar o acto de presentación do Libro Branco da Produción Audiovisual Virtual en España da man de Luis Cueto (Spain Audiovisual Hub), Juan Manuel Guimeráns (Spain Film Commission), Nerea San Juan (Andersen) e Juan Alía (EGEDA).
· Ciencias Políticas da USC afronta nunha xornada os desafíos da sociedade ante o mundo dixital
· O Campus de Pontevedra activa un laboratorio maker: o Crea Lab
· A FP galega incorpora unha ferramenta IA para recrear situacións reais en inglés
· Oura renova o seu anel conectado
· Julián Cerviño destaca que o CECIGA permitirá a Galicia afianzarse na vangarda da ciberseguridade
· A tenda para móbiles de Epic Games ofrecerá xogos de balde
· O programa Navega con rumbo do CPEIG recoñecido polo seu valor social e divulgativo
· XGN Intermax abre a súa preinscrición
· O CITIC participa nunha nova xornada do proxecto europeo de tecnoloxía accesíbel Design2Freedom
· Pintos & Salgado alerta do incremento dos roubos de datos en móbiles: o bluesnarfing
· Britney Spears levará os seus éxitos a Beat Saber
· Apple Podcasts inicia a transcrición de podcasts en portugués
· 70 persoas participan no curso superior en protección de datos de AMTEGA e o Nodo CIBER.gal
· Pretenden levar Palworld a móbiles
· Sae á venda a versión vitalicia de Office 2024
· Enxeñaría de Telecomunicación pon en marcha un plan piloto para facer canteira
· Internet Calicia (GaliciaDigital) desenvolve a web da Semana Santa de Lugo
· A Oficina Next e a Rede de Coworking da Deputación da Coruña, exemplos de boas prácticas
· Novo ciclo formativo sobre ciberseguridade na Rede CeMIT
· Presentan o Libro Branco da Produción Audiovisual Virtual en España
· Retiran unha aplicación que facilitaba ver YouTube en Vision Pro
· Ciencia e tecnoloxía uníronse na G-Night 2024 da man do CITIC
· A RAGC recoñece a traxectoria de cinco científicos galegos da USC, a UVigo e o CSIC
· Desaparece o emulador Ryujinx por presións de Nintendo
· O obradoiro de emprego Terras de Iria formou a 15 mozas e mozos en páxinas web
· PontevedraViva celebra o seu 12 aniversario e presenta nova web
· Windows 11 actualízase para tirar maior proveito da IA
· Medra a familia LinkBuds de Sony
· Microsoft cesa a produción das HoloLens 2
· WhatsApp incorpora efectos nas videochamadas