Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arredor de 20 expertos amosarán os novos camiños da comunicación en #InLugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arredor de 20 expertos amosarán os novos camiños da comunicación en #InLugo

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/12/2016
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

programa-inlugo16-605x404-2.jpgO Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais, #InLugo, conta este ano cun máis que completo programa de actividades. Segundo informou a Deputación de Lugo, impulsora do evento, a axenda da xuntanza abranguerá un cumprido feixe de relatorios, debates e exposicións breves. Estas actividades virán da man dun elenco de persoeiros TIC especialistas nas máis variadas temáticas: novos medios, mercadotecnia dixital, fotografía, comunicación en liña, etc. Nun plano máis detallado, contarase coa presenza de 20 profesionais referentes no eido TIC galego e estatal. O congreso #InLugo celébrase os días 16 e 17 de decembro no Pazo de San Marcos de Lugo (sede da Deputación).
Coma nas anteriores entregas, por #InLugo pasarán algúns dos máis renomeados especialistas TIC da actualidade. Por exemplo Phil González, responsable de New Media AMC Networks para a península e América Latina e embaixador de marca de Sony Mobile, amais de creador da que se considera a maior comunidade de usuarios da coñecida rede social de fotografía, Instagramers.com, con presenza en centos de cidades do mundo e en continuo espallamento.
Asemade, no congreso intervirán Bárbara Yuste, xornalista e profesora na Universidade Carlos III e Camilo José Cela de Madrid e directora de bez.es; Javier Pedreira, autor do blog Microsiervos e especialista en cultura dixital; Juan García, director de Escuela Bitácoras; Daniel Basteiro, xornalista e cofundador de El Español; Sebas Mouret, estudante e youtuber de éxito ou Miguel Ángel Lureña, doutor, licenciado en Ciencias da Tecnoloxía dos Alimentos e creador do afamado blog divulgativo gominolasdepetroleo.com.
O evento tamén contará coa presenza, entre outras/os relatoras/es de primeiro nivel, de Óscar Fafián, responsable de Estratexia de R no desenvolvemento de novos servizos da Internet das Cousas (IoT), que achegará aos asistentes a experiencia recente da compañía galega de telecomunicacións no ámbito dos obxectos conectados (televisores, cámaras, smartphones, alumeado, electrodomésticos, equipamento variado), facendo fincapé nas vantaxes dos mesmos para todo tipo de servizos e demandas.
Asemade, xa confirmou a súa presenza no congreso un “vello coñecido” do mesmo: o cómico, locutor, guionista e presentador Víctor Grande, que será en boa medida o encargo de animar, presentar e acadar a máxima pegada (dentro e fóra de #InLugo) para as diferentes actividades previstas para o Pazo de San Marcos. Lembrar que Grande recentemente estivo de actualidade nos medios TIC por ter lanzado un novo proxecto cursodecomedia.com, un blog dirixido cómicos, oradores e seareiros no que comparte as súas experiencias no mundo da comunicación co humor como catalizador.
logo_inlugo-605x499.jpg Amais de todo o devandito, entre os intres clave do programa atópanse as presentacións de diversos servizos e proxectos TIC que se están a desenvolver na provincia. Así, a mañá do sábado estará reservada ao espazo Lugo na Rede onde se contará, entre outros, coa presenza de Simón Cabarcos, director de Blindaxe Sport e ata un total de catro iniciativas que teñen as redes sociais e Internet como “principais impulsores”. Este espazo Lugo na Rede será presentado polo deputado provincial de Innovación, Participación Cidadá, Mobilidade e Deportes. Sen saírnos do sábado pola mañá, a pegada galega terá sobre as 12.30 horas unha interesante prolongación no obradoiro formativo Aprender a crear dende cero unha web para o teu negocio. Virá da man da firma local Raiola Networks e contará coa participación activa de Álvaro Fontela e Ángela Piñeiro.
Programa provisional
Venres 16 de decembro
16:00 Apertura e recollida de acreditacións
16:30 Benvida institucional a cargo de Darío Campos (@depulugo), presidente da Deputación de Lugo.
17:00 Conferencia inaugural. O éxito de Instagram, máis que unha rede social de fotografía. Intervén Phil González (@PhilGonzalez), creador de Instagramers, a meirande rede social de usuarios de Instagram presente en centos de cidades do mundo.
17:45 Relatorio Son seguros os alimentos que comemos? A cargo de Miguel Ángel Lurueña (@gominolasdepetroleo), doutor, licenciado en Ciencias da Tecnoloxía dos Alimentos e creador do blog gominolasdepetroleo.com.
18:30 Pausa para o café
19:00 Relatorio Fogar Dixital e Internet das Cousas. Óscar Fafián (@ofafian), responsable de Marketing de R Galicia.
19.45 Obradoiro formativo: A revolución do eLearning: Juan Garcia (@blogoff), formador e director da Escola Bitácoras.
20:30 Humor 2.0. Actuación musical de Víctor Grande (@vicgrande)
Sábado, 17 de decembro
10:30 Lugo na rede. Presentación de empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa Rede e co ADN tecnolóxico lucense. Presenta: Pablo Rivera (@priveracapon), deputado Provincial de Innovación, Participación Cidadá, Modidade e Deportes. Entre estes proxectos a presentar atópase Blindaxe Sport de Simón Cabarcos.
12:30 Obradoiro Aprende a crear desde cero unha web para o teu negocio. Imparte Álvaro Fontela (@RaiolaNetworks), empresa líder de aloxamento WordPress.
14:00 Descanso
16:30 O bo, se breve. Relatorios de 30 minutos (e 10 para o público).
Os nativos dixitais non existen. Javier Pedreira (@wicho), autor do blog Microsiervos e especialista en cultura dixital.
Novos medios. Bárbara Yuste (@byuste), xornalista e profesora na Universidade Carlos II e Camilo José Cela de Madrid. Directora de Comunicación da Asociación Española de Economía Dixital e directora de Bez.es.
18:00 Pausa para o café
18:30 O bo, se breve. Microrelatorios de 15 minutos.
Prensa Nativa Dixital
Daniel Basteiro (@basteiro), xornalista e cofundador do Español (@elespanolcom)
Éxito en Youtube
Sebas Mouret (@sebasgmouret), creador da canle literaria en YouTube Coleccionista de mundos
20:00 Entrega dos IV Premios #InLugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?