Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña lánzase a loitar na Rede e nos coles contra a violencia de xénero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña lánzase a loitar na Rede e nos coles contra a violencia de xénero

Redacción
Publicado: 03/11/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Ánxela Franco, responsable da Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación
Ánxela Franco, responsable da Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación
As medidas para frear a discriminación e a violencia de xénero nas novas xeracións (cousas como a crenza nas “bondades” da sobreprotección por parte dos rapaces, ou o suposto lado positivo dos roles tradicionais de masculinidade e feminidade) deberan ter unha aplicación contundente nas novas tecnoloxías, por ser estas canles de comunicación de uso común entre as novas xeracións, e polo seu carácter de “perpetuadoras” e “espalladoras” da información sexista. Esta actuación directa sobre mal uso das TIC está na base de Suprime o control, a iniciativa da Deputación da Coruña para frear a lacra da violencia de xénero dende a educación e a divulgación entre a mocidade. A medida vén da man da Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero e este mes de novembro desenvólvese (estreándose) nos centros de ensino dos concellos de Trazo, Touro, Malpica, Cerceda, Ponteceso, Boimorto, Dodro, Tordoia, Arzúa, O Pino e Mesía.
Suprime o control vaise desenvolver ao longo deste primeiro curso académico en 14 centros educativos e terá continuidade nos cursos 2017-2018 e 2018-2019. Despois de se impartir en Frades, Cabana de Bergantiños e Vedra, será o mes de novembro, en que se conmemore o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o que concentre máis accións do programa que visitará os centros de ensino de once concellos.
O programa, sinala a Deputación, destínase ao alumnado de 3ª e 4ª da Educación Secundaria Obrigatoria, as súas familias e ao profesorado. Baséase en ofrecer ferramentas coas que “traballar pola construción de identidades igualitarias” facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución na actualidade por medio das aplicacións móbiles ou as redes sociais.
deputacion_coruna_suprime_o_control.jpg Segundo fixo saber os días pasados Ánxela Franco, responsable da devandita Área, o programa adicará especial atención ao papel das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) como ferramentas de relación entre a mocidade “poñendo ao seu dispor unha asesoría en liña continuada para resolver dúbidas”. Na Rede, ademais, desenvolveranse accións diversas de divulgación, como por exemplo un concurso en Instagran, que se promoverá de cara ao 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero. Instagram sen machismo trasladará á esta rede social (segundo a Deputación “unha das comunidades en liña máis populares entre a poboación adolescente”) as conversas sobre violencias machistas dinamizadas nas aulas.
Por outra banda, de cara xa o 8 de marzo, desenvolverase un concurso de micro-relatos que abordará os distintos puntos de vista e preocupacións da mocidade sobre as violencias machistas.
Estas iniciativas súmanse a outras que anualmente convoca a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero como o concurso Concepción Arenal de proxectos de igualdade e prevención de violencia de xénero para centros educativos ou o concurso de guións dirixido á poboación adolescente que ten como un dos premios a edición do proxecto coa axuda de profesionais.
Calendario do mes de novembro
Día 2- Concello de Trazo. Viaño Pequeno
Día 3- Concello de Touro. CPI Plur. Fonte de Díaz
Día 7- Concello de Malpica. IES Urbano Lugrís
Día 8- Concello de Cerceda. CPI O Cruce.
Día 9- Concello de Ponteceso. IES Ponteceso
Día 9- Concello de Boimorto. CPI Armando Cotarelo.
Día 11- Concello de Dodro. CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón.
Día 15- Concello de Tordoia- CPI Pecalama
Día 17- Concello de Arzúa- IES Arzúa.
Día 18- Concello do Pino- CPI Camiño de Santiago.
Día 24- Concello de Mesía- CPI de Xanceda.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?