As empresas de Padronvirtual.com solidarízanse cun neno que padece distrofia muscular
luns, 27 de agosto do 2012

- As responsables da campaña solidaria: Emma Méndez, Maria Castelao e Araceli Miguéns, con Sindo González e Pablo (co seu portátil) no centro da imaxe
Pablo é un neno de 10 que vive en Padrón e que, por
desgraza, non pode levar a vida que levan os nenos e nenas da súa idade por mor
dunha distrofia muscular de tipo Duchenne, que lle impide camiñar e
desenvolverse con normalidade no seu día a día.
Porén dende o pasado venres, 24 de agosto, hai algo
que Pablo pode facer igual ou mellor que o resto dos compañeiros de clase no tempo
de ocio: usar o seu propio ordenador portátil de última xeración, cedido
polas empresas asociadas a PadronVirtual.com para que Pablo poida “pasar os seus días máis entretido e meterse
de cheo no mundo das novas tecnoloxías”, indicaron dende a entidade
solidaria.
Segundo afirman dende a plataforma en liña, “un dos soños de Pablo era poder ter un
ordenador de seu”, polo que a pasada semana o socio Sindo González, en
representación de tódalas empresas que forman parte de Padronvirtual.com,
fíxolle entrega a Pablo dun ordenador portátil de altas prestacións, que lle
permitirá a este neno padronés gozar da mellor experiencia tecnolóxica.
A iniciativa enmárcase na campaña solidaria Hoy por Pablo, mañana por ti, que ten
por obxectivo mellorar a calidade de vida de Pablo e a súa familia, e que pasa
inicialmente por conseguir 30.000 euros para unha cadeira de rodas eléctrica,
unha grúa e un baño adaptado para as necesidades deste neno.
Para isto é necesaria a colaboración das
persoas solidarias que, como Padronvirtual.com, fagan as súas achegas
económicas no número de conta no Banco Pastor: 0072
0108 02 0000107440.
