Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tecnoloxías de última xeración, polo miúdo hoxe no Gaiás da man de Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As tecnoloxías de última xeración, polo miúdo hoxe no Gaiás da man de Telefónica

Redacción
Publicado: 14/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

43291_19681.jpgTelefónica organiza hoxe na Cidade da Cultura un debate sobre futuros materiais e tecnoloxías nas que poder centrar a súa actividade as nosas empresas. Cousas como por exemplo o grafeno (para moitos especialistas o material protagonista da seguinte revolución tecnolóxica), a impresión en 3D ou a robótica colaborativa ao servizo da produtividade. Estes e outros son os eixes temáticos das Xornadas de Industria Conectada 4.0 Tecnoloxías dixitais con impacto na industria (programa en PDF), organizadas por Telefónica, e que se celebran este 14 de xaneiro na sala Eisenman do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).
O encontro, ao que acudirán un centenar de representantes de empresas e centros tecnolóxicos galegos, será inaugurado por Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), e Manuel Ángel Alonso, director de Telefónica en Galicia, e o seu obxectivo é “analizar a aplicación das tecnoloxías de última xeración na industria e valorar como están a transformar non só o modelo de negocio senón a forma de traballar nesta contorna”.
O núcleo da xornada estrutúrase en catro mesas de traballo dirixidas por expertos de prestixio neste tipo de tecnoloxías. Michael Loughlin, director de Nelmia Robotic Insight, coordinará a de robótica colaborativa e o seu impacto na produtividade; Javier Soria, de Telefónica Dixital Identity & Privacy, a de ciberseguridade e mecanismos de protección de datos en sistemas de información interconectados; Amaia Zurutuza, directora científica en Graphenea, experta en investigación e aplicación en grafeno, coordinará a adicada a este material; e Carlos Merchán, deseñador industrial de I+D de Telefónica, tutelará o debate sobre a aplicación da impresión 3D nos procesos produtivos.
O encontro arrincará previamente con dous relatorios maxistrais. Por unha banda, Tecnoloxías disruptivas na Industria 4.0, a cargo de Hugo Scagnetti, xerente de M2M de Telefónica España, que centrará a atención nas múltiples tecnoloxías que están a transformar o ecosistema empresarial. Por outro, no relatorio O papel da Experiencia de Usuario no Modelo de Empresa Dixital, Alberto Barreiro, director de Experiencia do Grupo Prisa, falará sobre como toda a planificación e estratexia da empresa dixital diríxese agora cara á figura do usuario e a súa experiencia na contorna en liña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?