
Segundo informan as empresas devanditas, BDA4T será unha plataforma de gran capacidade para procesar e estudar a información que se transmite no uso dos servizos de telecomunicacións. “Desta maneira”, sinalan, “os operadores poderán responder máis axustadamente aos requirimentos e necesidades de uso que latexan no mercado”.
O obxectivo final, engaden, “é lles achegar un mellor servizo aos usuarios e que os provedores se adapten aos perfís de uso real e á súa evolución no tempo dados os rápidos cambios que se producen en breve espazo de tempo”. Amais disto, tamén se procura extraer destas innovacións e destes traballos “unha relación óptima entre provedores de servizos e usuarios”. Polo tanto, será posible axustar as informacións aos usuarios e dirixirlles realmente o que queren escoitar e saber, nin máis nin menos. “E non só na liña de comunicación provedor-usuario senón tamén entre os usuarios mesmos”, engaden as empresas.
A maiores, a plataforma BDA4T permitirá definir modelos de análise e procedementos concretos para aproveitar a información que os clientes lles queiran facer chegar aos provedores de telecomunicacións.
Catro empresas galegas unen forzas para crear unha plataforma de análise masivo de uso das telecomunicacións
Compartir Este Artigo
