ConfirmSign inaugura a súa nova sede na Coruña

venres, 14 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Dentro do panorama tecnolóxico galego destacou considerablemente a empresa ConfirmSign, tanto pola súa innovación no negocio da certificación dixital como na súa relación con outros proxectos emprendedores galegos, fundando xunto con Pleiteando os encontros coñecidos como a LaconNetwork (que veñen de celebrar o seu cuarto aniversario) e recibindo recoñecementos como o Premio EGANET ao mellor proxecto innovador en 2010, o Premio EmprendedorXXI en Galicia en 2011, o Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial do sector TIC 2013, o Premio INNOVA-G 2011 ao Mellor Emprendedor Galego (que recaeu en Frakie Gómez, fundador da compañía) ou o Premio Onda Emprende pola súa innovación empresarial.
Pero o máis importante para esta empresa galega non son os moitos galardóns recibidos, senón o incremento constante da súa actividade empresarial, chegando incluso a ser elixidos por MRW como provedores do seu servizo de burofaxes electrónicos, e esta dinámica de crecemento topou un condicionante físico nas súas instalacións en Oleiros, levándoos a buscar un espazo máis amplo, que finalmente é o primeiro andar do número 1 da Rúa Real da Coruña, que fíxase agora como sede principal desta compañía e que inaugurouse esta tarde nunha celebración á que acudiron moitos profesionais do sector TIC galego para coñecer a nova oficina principal e desexar o éxito a este prometedor proxecto cunha proxección internacional cada vez maior.

A inauguración das novas oficinas de ConfirmSign na cidade da Coruña contou coa presenza de numerosos profesionais do sector TIC galego
A nova sede de ConfirmSign está situada en plena Rúa Real coruñesa

Publicamos máis imaxes da inauguración das novas oficinas de ConfirmSign na nosa páxina de Facebook.

PUBLICIDADE