Convocan axudas para a dinamización tecnolóxica do rural galego
martes, 7 de maio do 2013
A ConsellerÃa do Medio Rural e do Mar destina 546.000 euros
aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por
microempresas para o uso das TIC durante 2013. O
Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas subvencións,
co financiadas co Fondo Europeo AgrÃcola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no
marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013 e que son
xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Estas axudas están destinadas á implantación de hardware e software, para que
as microempresas aproveiten as TIC xunto co acceso á Internet de calidade, no
seu proceso de negocio. Estas subvencións enmárcanse no convenio subscrito
entre a ConsellerÃa do Medio Rural e Mar e a Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para coordinar as actuacións no ámbito do Plan
de Banda Larga de Galicia.
As axudas poden chegar ata un máximo do 50% dos investimentos subvencionables ata
un tope de 30.000 euros de subvención por beneficiario, sendo 4.000 euros o
investimento mÃnimo esixido. Poderán solicitar estas axudas as microempresas,
xa sexan persoas fÃsicas ou xurÃdicas, legalmente constituÃdas, con domicilio e
alta fiscal para a súa actividade económica en Galicia e radicadas no rural
galego (todo o territorio da Comunidade Autónoma, agás as zonas incluÃdas nos
perÃmetros urbanos das sete grandes cidades).
