Estrean en Twitter un novo vídeo musical de Michael Jackson

xoves, 14 de agosto do 2014 Marcus Fernández

A pasada noite Twitter serviu de plataforma para a estrea en primicia do vídeo musical A Place with No Name, un tema recollido do álbum póstumo de Michael Jackson XSCAPE, conseguindo milleiros de rechouchíos a nivel mundial e conseguindo así unha magnífica proxección do lanzamento dun videoclip que noutras condicións podería pasar totalmente desapercibido, por limitarse a ser unha produción con algunhas tomas descartadas de Jackson bailando, sen vencello directo co vídeo en cuestión.
Dende Twitter aproveitaron a ocasión para facer un repaso do último ano de Michael Jackson en Twitter, cando rexistráronse máis de 6,4 millóns de mencións á lenda do pop, á vez que debuxaron un mapamundi no que destacan as cancións máis mencionadas do artista por países, sendo Thriller o sinxelo máis citado en Twitter (aínda que, curiosamente, na veciña Portugal é Billie Jean a canción que consegue tal honra).

PUBLICIDADE