Máis de 170 profesionais deron vida á primeira edición de MobileCONGalicia
venres, 9 de decembro do 2011
O
compostelán Edificio
CERSIA acolleu a primeira edición de
MobileCONGalicia, evento dirixido a desenvolvedores de aplicacións móbiles
e outros profesionais interesados neste sector emerxente, cun grande éxito de
convocatoria, que demostrou o atractivo da xornada, tanto polo relatores de
primeira fila que abordaban áreas moi dispares, como polo mero feito de xuntar
a unhas 170 persoas involucradas dalgún xeito no creación de aplicacións para
dispositivos móbiles para plataformas como iOS, Android e Windows Phone. Como
grande sorpresa antes do evento, Zadia Software estreou o dÃa anterior unha aplicación
non oficial do mesmo que podÃa descargarse de balde do Android Market e que
achegaba información sobre a localización do Edificio CERSIA e a programación
do encontro.
- Alberto Ruibal comentou a súa experiencia como desenvolvedor de aplicacións para Android
A concelleira de Turismo, EconomÃa e Mercados do Concello de Santiago de
Compostela foi a encargada de dar a benvida aos asistentes, dando paso a
Alberto Alonso Ruibal (Mobialia), quen
introduciu aos presentes no desenvolvemento para Android, narrando a súa
experiencia persoal, e deixando claro que é posible vivir de facer aplicacións
móbiles financiadas mediante publicidade.
Destacando entre desenvolvedores de Android e iOS, Eugenio Estrada fixo un
achegamento a Windows Phone, plataforma cada vez máis atractiva, do que
destacou tanto o seu potencial como as facilitades que está a pór Microsoft
para achegar desenvolvedores á mesma.
Alberto Gimeno, pola súa banda, explicou os moitos modelos de negocio que hai
ao redor das aplicacións móbiles, co que pretendÃa abrir os ollos ao auditorio
sobre as posibilidades de tirar proveito económico do sector, indo máis aló do
cobro por aplicación ou da venda de publicidade.
Tras unha pausa, dirixÃronse á audiencia Ricardo Varela e MartÃn Pérez, para
falar de web móbil (e API) e doutros xeito de facer aplicacións móbiles
respectivamente, collendo o seu relevo para pechar a mañá Elena Pérez (de
Spartanbits, compañÃa destrás do popular Go!Chat),
quen pese a estar moi nervosa na súa intervención, non dubidou ao facer firmes aseveracións
sobre os fallos habituais tantos das aplicacións para Android como do propio
sistema operativo de Google, no que a interface se refire. Deu numerosos
consellos sobre o deseño de aplicacións para que sexan máis doadas de manexar,
para conseguir asà unha mellor aceptación por parte dos usuarios.
- Miguel Silva deu a coñecer o web:tv de Blusens á audiencia
A xornada da tarde comezou cunha presentación de Miguel Silva, de Blusens, quen
amosou o seu web:tv, non só como un reprodutor multimedia, senón como un xeito
ideal para levar a Internet ao televisor, instando aos desenvolvedores a
elaborar aplicacións para o seu produto, xa que asegurou que as aplicacións
para o televisor van ser a tendencia que vai seguir á actual febre polas
aplicacións móbiles. Engadiu que o seu potencial para o negocio é aÃnda
superior, xa que aÃnda que haxa certa resistencia para gastar cartos no móbil,
o público xa está afeito a pagar pola televisión.
Jordi Bonet (Softonic) falou das novas tendencias no sector das descargas
legais de aplicacións, Hermes Piqué detallou o uso de Unit Testing en iOS e
Nacho Sánchez puxo fin á evento abordando o tema de vivir facendo aplicacións
móbiles, no que quedou nunha mera promoción do emprendemento, posto que Alberto
Ruibal xa deixara claro que é un modelo de negocio sustentable (chegando
incluso a dicir os ingresos mensuais que conseguÃa coas súas aplicacións para
Android).
Tras os relatorios, o salón de actos do Edificio CERSIA acolleu a celebración
do concurso
de aplicacións móbiles AppCircus.
- O desenvolvemento para Windows Phone tamén estivo presente no MobileCONGalicia
- O evento incluso contou cunha aplicación non oficial para dispositivos Android