Movistar subre os prezos das liñas móbiles de tarxeta

mércores, 18 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Movistar insisten en recibir 2017 con subas de prezo, e agora toca a quenda ás tarifas móbiles de prepagamento, que veranse incrementadas considerablemente, de xeito que as tarifas de voz Habla 6, sen cota fixa mensual, verán incrementado o establecemento de chamada de 20 a 25 céntimos a partires do 24 de xaneiro, como tamén acontece coas tarifas VIVE 7 e VIVE 13, que non só subirán de prezo no establecemento de chamada, senón que tamén incrementarán a súa cota mensual en 2 euros a cambio de incrementar o seu volume de datos de 600 MB a 1 GB no caso da tarifa VIVE 7 e de 1 a 2 GB no caso da VIVE 13.
Curiosamente o OMV de Movistar, Tuenti, mantén o establecemento de chamada en 20 céntimos, e actualmente a tarifa Tuenti está en promoción durante 6 meses por 7 euros/mes incluíndo 2 GB de datos e 60 minutos en chamadas e 200 mensaxes de texto dende a súa aplicación móbil.

PUBLICIDADE