Novo número da edición impresa de Código Cero

sábado, 31 de marzo do 2007 Marcus Fernández

Portada do número 52 de Código CeroComo tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega tratamos especialmente o evento Xuventude Galiza Net, repasando as actividades vinculadas ó software libre, á participación e á solidariedade cos colectivos de risco de exclusión dixital dentro do popular encontro, así como tamén tratamos temas máis lúdicos coma o modding ou a nova consola de videoxogos de Sony. Tamén falamos con Rubén Cela, director xeral de Xuventude, sobre o que supón a nova edición de XGN.
Ademais trataremos outros temas entre os que destacamos os seguintes:

  •  Internet non é o inimigo, de Pascual López (departamento de Promoción de Vale Music)
  • A Consellería de Educación destina 10.000 novas axudas para a compra de computadores
  • Entrevistamos ós responsables da web galega Telocompro.es, un éxito no eido dos espazos de poxa en liña
  • A Rede tamén serve para loitar por un mundo máis xusto (resumo de iniciativas que atopamos a prol dos dereitos humanos ó longo do último mes)
  • O CESGA quere afondar na liña de compartir os seus recursos con computadores e centros de investigación de toda Europa
  • As mulleres galegas corren máis risco de vivir na exclusión dixital cós homes
  • Entrevistamos á deseñadora gráfica Ana María López, que vén de presentar un completo manual sobre Corel
  • O noso colaborador Manolo Gago axúdanos a conmemorar os cinco anos de Código Cero cunha escolma das webs que cambiaron a súa vida
  • Cyclos: unha ferramenta de software libre para compartir tempo no rural galego
  • Poñemos a exame os grandes servizos de correo electrónico
  • As mensaxes a móbil seguen a triunfar ano tras ano contra todo prognóstico
  • O noso colaborador Andrés Maneiro celebra connosco os cinco anos de Código Cero cun moi interesante artigo sobre o partido social que se lle pode sacar á Rede e ó seu caracter globalizador
  • Facemos un reconto cun aquel de saudade dos trebellos tecnolóxicos que medraron con nós (nós, non eles) e que quedaron polo camiño
  • Arousa Party Net quece motores dende Vilagarcía
  • O salón Imaxinaria trae á comarca de Arousa ós máis senlleiros inventores da nosa terra
  • A vida nunha base de datos: a teima de inmortalizalo e documentalo todo na súa máxima expresión
  • David Lombardía, con motivo dos cinco anos de Código Cero, fainos un repaso dun lustro de innovación dende o punto de vista da nova orde económica
  • Sevi Martínez afonda nos xogos máis salientables que se presentaron nas últimas semanas

PUBLICIDADE